O Concello de Marín establece as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán
1.- Presentación no rexistro xeral do concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 17 de xuño, ás 13:00h.
2.-Prohíbese levar a cabo fogueiras sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos.
3.- As fogueiras terán que gardar unha separación mínima de 15 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis pertos. A súa altura máxima será de 2 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.
4.- Para a combustión só poderán empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquer material de madeira, quedando prohibido empregar materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén prohíbese arroxar ás fogueiras aerosois, (ainda que estén valeiros), aceites, líquidos combustibles e calquera sustancia explosiva.
5.- As persoas que asisten á festa, absteranse de situarse nun area de diámetro similar á altura do pao central da fogueira.
6.- Queda prohibido facer fogueiras na praia
7.- No caso de que soprase o vento, que poidese dificultar a vixiancia e extinción da fogueira, ésta deberá suspenderse ou apagarse.
8.- Os organizadores das fogueiras deberán ter coñecemento dos teléfonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente:
Policía Local: 092
Servizo Municipal de extinción de incendios: 080
E se comprometen a dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude no seu número.
Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de gran arraigo na nosa vila, facendo compatible a diversión coa seguridade de tódolos cidadáns.











