O Concello de Ferrol investirá 40.000 euros na mellora das praias
O Concello de Ferrol realizará diferentes obras de reparación e mantemento de servizos en diferentes praias do termo municipal. A Concellería de Servizos, que dirixe Borja Carro Muñoz, investirá preto de 40.000 euros para a instalación de elementos na tempada de praias 2014 e a mellora de diferentes casetas en tres areeiros.
As tarefas incluirán a instalación de casetas de socorrismo, aseos, duchas, sinais indicativos, vallas e pasarenas e outros elementos. Ademais, as obras de reparacións acometeranse nas casetas fixas das praias de Covas, San Xurxo e Doniños.











