O Concello de Ferrol formaliza a colaboración con entidades de intervención na prevención sociosanitaria e drogodependencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Rosa Martínez Beceiro, vén de formalizar catro convenios de colaboración con entidades centran o seu ámbito de intervención na prevención sociosanitaria e drogodependencia. A Administración ferrolá achega un total de 8.200 euros á Asociación Galega de Hemofilia -1.200 euros-, a Asociación de Diabéticos Ferrolterra -1.000 euros-, a Asociación Parkinson Ferrol -3.000 euros- e a Asociación Lazos Pro Solidariedade -3.000 euros-.

No que atinxe á Asociación Galega de Hemofilia, o acordo de cooperación permitirá a realización do proxecto “Hemoescola: Escola para pais e nais de nenos/as con hemofilia”. O obxecto do convenio é mellorar a calidade de vida dos nenos/as afectados con hemofilia, a través da adquisición de competencias para os proxenitores no eido do tratamento, os coidados e a atención especializada. Así mesmo, tamén se pretende informar e asesorar ás familias de nenos/as con hemofilia, ofrecer apoio aos pais e nais, abordando aspectorios sociosanitarios e propiciar un lugar de encontro entre familias coa mesma problemática. Esta hemoescola comprenderá dous tipos de actividades: o seminario básicos, escollendo a mellora maneira de abordar os fundamentos básicos da hemofilia e a súa relación co crecemento e desenvolvemento; e as sesión grupais para intentar crear vínculos afectivos que faciliten o afrontamento das problemáticas diarias das persoas que non tiveran contacto coa enfermidade anteriormente.

Por outra banda, o convenio de colaboración asinado coa Asociación de Diabéticos Ferrolterra contribuirá a poñer en marcha o proxecto “Información, comunicación e educación sobre a diabetes”. Máis concretamente, as actividades incluirán a convivencias de mozos/as con diabetes e familias con nenos/as con diabetes para fomentar as interrelacións persoais entre as persoas afectadas pola enfermidade e as do seu entorno, así como a relación de obradoiros informativos e educativos. Este proxecto tamén consistirá na realización dunha campaña de prevención e información sobre a diabetes, onde se levarán a cabo medicións de glucosa e de tensión. Así mesmo e con motivo do día Mundial da Diabetes, se celebrará un ciclo de charlas coloquio dirixido a toda a poboación en xeral co fin de concienciar dos riscos que supón non ter un bo control da enfermidade.

Ao respecto de Parkinson Ferrol, a sinatura do acordo permitirá a realización do proxecto “Sensibilización sobre a enfermidade de Parkinson e aplicación das terapias para mellorar a calidade de vida”. Este convenio ten por obxecto a sensibilización da poboación xeral sobre a enfermidade de Parkinson e a aplicación de terapias que melloren a calidade de vida das persoas que sofren esta doenza, baseándose nunha intervención multidisciplinar cos seguientes servizos especializados: intervención fisioterápica, logopédica e psicolóxica; rehabilitación cognitiva; e grupos de axuda mutua.

Prevención de adiccións

Por último, a Asociación Lazos Pro Solidariedade poderá poñer en marcha o proxecto “Información e prevención do VIH: prevención do VIH en mozos/as de Educación Secundaria Obrigatoria. Formación e Avaliación” gracias ao acordo de colaboración asinado co Goberno Municipal. O obxectivo do convenio é sensibilizar e dar formación preventiva das novas infeccións polo VIH na poboación moza que cursa 3º e 4º da ESO de Ferrolterra.

Así mesmo, se pretende promover e favorecer o acceso á información veraz e adaptada as necesidades dos mozos/as en relación á infección polo VIH e outras ITS; previr novas infeccións na mocidade; e dotar de ferramentas persoais e colectivas que favorezan condutas responsables cara a unha sexualidade responsable e segura.

9 de xuño de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.