O Concello de Cedeira abrirá unha bolsa de emprego para a contratación de dous auxiliares de Policía Local
O Concello de Cedeira procederá á contratación de dous auxiliares de Policía Local nas próximas semanas. Unha medida que financiará con cargo á achega do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Os axentes encargaránse de tarefas de vixianza e supervisión de carácter medio ambiental e, inicialmente, prestarán os seus servizos na Administración local durante os meses de verán. Deste xeito, e para proceder á contratación, o Concello decidiu abrir unha bolsa de emprego cuxa convocatoria e bases se publicarán nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia. Superado este trámite, as persoas que estén interesadas en anotarse poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello. A contratación será temporal, por un periodo máximo de catro meses. Unha vez remate o prazo de presentación de solicitudes, a Administración local publicará unha listaxe cos admitidos e excluídos, abriráse un periodo de alegacións e, a partir de ahí, realizaráse o proceso selectivo.











