O Concello de Cangas reclama máis de 21.000 euros por cobros indebidos de Gas Natural Fenosa
Esta mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo asinou os documentos oficiais para reclamar a Gas Natural Fenosa a devolución de 21.424 euros procedentes da facturación indebida por enerxía reactiva nos suministros contratados con dita compañía coas tarifas 2.0 DHA e 2.1 DHA.
Esta reclamación preséntase en base a un estudo realizado pola empresa Ingeniería Prestacional Aplicada S. L. (IPA).
Trala sinatura, os documentos foron presentados no Instituto Galego de Consumo e tamén se fixeron chegar á compañía Gas Natural Fenosa.
O Real Decreto 1164/2001 establece as tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, indicando a anulación da facturación de enerxía reactiva nos suministros de menos de 10 kw.











