O Concello de Cangas acometerá o asfaltado do núcleo de Donón con pavimento ecolóxico
O Concello de Cangas saca adiante un novo proxecto na zona de Donón na parroquia do Hío para pavimentar a vía de acceso ao aparcadoiro situado no entorno do aparcadoiro da Caracola. O proxecto, que supón unha inversión de 33.667,77 euros, desenvolverase proximamente en colaboración coa Deputación de Pontevedra e recolle a nivelación e movemento das terras existentes, a formación de encachado de 20 cm. de espesor en caixa para a base de soleira mediante recheo e estendido de zahorras e posterior compactación así como o asfaltado final con pavimento terrizo Arquipaq de 6 cm. composto por árido calizo ou silíceo. O traballos realizaranse nos 770 metros cadrados do aparcadoiro así como nos 670 metros de lonxitude da vía de acceso, facendo un total de 3.552 metros cadrados de superficie.
Dende o goberno local destácase que con esta actuación preténdese dar resposta a unha vella demanda veciñal que evite a xeración de polbo producido polo tránsito de vehículos e peóns nesta zona emblemáticas e máis visitadas de Cangas.











