publicidade hoxe

O Concello de Boiro axiliza a tramitación de licenzas de obras menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A partires do vindeiro luns 16 de xuño, o Concello de Boiro xa dispón dos modelos normalizados para a solicitude de licenzas de OBRAS MENORES, polo procedemento de comunicación previa, de acordo coa LEI DE EMPRENDEMENTO aprobada pola Xunta.

As principais novidades son:
Unha vez cumprimentada e presentada a solicitude se poderán comezar as obra ós 15 días naturais, sen ter que esperar á resolución do expediente pola parte do Concello.

As obras menores divídense en dous grupos principais:

SEN DOCUMENTACIÓN TÉCNICA:
Únicamente será necesario cubrir o modelo de solicitude, presentar o DNI do solicitante, dispor da referencia catastral do inmoble, e un plano de situación que será facilitado polo Concello.

CON DOCUMENTACIÓN TÉCNICA
Será necesario presentar a mesma documentación do apartado anterior, acompañado dunha documentación técnica asinada por técnico competente. A complexidade da documentación virá en función do tipo de obras a solicitar.

Serán OBRAS MENORES SEN documentación técnica:
Obras que non varíen a superficie ou o volume e que se realicen en planta baixa en inmobles non adicados a vivenda (cambios de teitume, pintado, chapeado de paredes, cambio de fiestras, etc,
Obras que non varíen a superficie o volume e as condición de accesibilidade, habitabilidade e seguridade,e que se realicen en planta baixa en inmobles adicados a vivenda. (cambios de teitume, pintado, chapeado de paredes, cambio de fiestras, etc,
Obras de renovación interior de instalacións e acabados tanto en inmobles vivideiros ou non vivideiros.

Serán OBRAS MENORES CON documentación técnica
As obras descritas no apartado anterior para as que sexa necesaria a instalación de entullos.
As obras de peche de parcelas (agas a delimitación de predios con postes e arame)
A nova construción de alpendres, porches, bodegas, e demais elementos cubertos anexos á vivenda, ata unha dimensión máxima de 50 m2 construídos.
A realización de obras e instalacións encamiñadas á obtención de aforro enerxético
As obras en vivendas que supoñan a modificación de dimensión de portas, fiestras, galerías ou a distribución interior ou o novo deseño de instalacións.
A renovación de cubertas nas que sexa necesaria a xestión de elementos con amianto

Deste xeito, o administrado ten a garantía de que baixo a súa responsabilidade do compromiso de realizar as obras de acordo coa declaración e documentación presentada, pode comezar as obras en 15 días, sen ter que esperar ós tempos da administración.

13 de xuño de 2014 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.