O Concello da Laracha reconstrúe a escaleira de acceso á praia de Caión desde o miradoiro do Caracoleiro
O Concello da Laracha continúa coa posta a punto da praia de Caión de cara á inminente chegada da campaña de verán. As labores de reconstrución da escaleira que comunican o areal e o miradoiro da zona de O Caracoleiro, que comezaron a realizarse a principios desta semana, xa están moi avanzadas e nos próximos días abrirase ao público.
Polas súas características, a nova estrutura é más cómoda e accesible que a anterior ao contar con dous tramos de chanzos separados por unha pasarela horizontal que fai as veces de zona de descanso. O material empregado é a madeira de pino tratada, polo que a escaleira quedará integrada no fermoso entorno natural no que se sitúa, minimizándose o impacto visual.
A estrutura existente neste lugar fora estragada por causa dos continuos temporais que azoutaron a costa galega durante o inverno e que, por suposto, tamén se deixaron sentir no litoral caionés, provocando unha serie de danos na praia e nas súas inmediacións que agora están sendo reparados.
Ademais destes traballos, tamén se están a repoñer as pezas de madeira que presentaban certa deterioración da varanda de madeira que bordea o propio miradoiro situado sobre a praia de O Caracoleiro, mellorándose a seguridade dos peóns neste ámbito.
O Concello da Laracha xa realizarase antes da Semana Santa unha actuación dirixida a nivelar a superficie da praia en determinados puntos (principalmente, nos accesos) ante o acusado arrastre de áridos rexistrado no inverno. Tamén se acometera naquel momento a completa limpeza tanto da praia como dos seus servizos complementarios (aparcadoiros públicos, área de descanso, merendeiro e paseo marítimo).
Máis recentemente levouse a cabo a reparación dos aseos e das duchas que están cada verán a disposición dos usuarios da praia de Caión, na que neste verán volverá ondear a Bandeira Azul, contando o tramo do paseo marítimo que bordea o areal co recoñecemento de Sendeiro Azul por primeira vez.











