O concelleiro Juan de la Fuente recibe moi tranquilo a sentenza condenatoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O concelleiro de Vías e Obras do Concello de Santiago, Juan de la Fuente, mostrouse “moi tranquilo” tras coñecer a sentenza que o condena a nove anos de inhabilitación por prevaricación a el e a outros seis edís do municipio, e indicou que aprazará calquera decisión a “estudar” o contido do documento.

A preguntas dos medios tras coñecerse o fallo xudicial, De La Fuente confirmou que recibiu xa a sentenza, pero que aínda non a leu. Ademais, explicou que o goberno local se atopa “estudando” o seu contido. “A partir de aí falaremos”, engadiu.

Preguntado sobre se está disposto a dimitir do seu cargo, De la Fuente sinalou que “non é momento de falar” deses temas, aínda que, sobre se a decisión será individual, engadiu que “evidentemente” é “un compañeiro máis do grupo” e “por aí van os tiros”.

O concelleiro de Vías e Obras, Juan de la Fuente, abandonaba o Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela sobre as 13.46 horas, momentos despois da súa compañeira Reyes Leis, que riscara de “inxusto” o fallo condenatorio dos sete edís.

2 de xuño de 2014 | 15:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.