O concelleiro de Cangas, José Luis Gestido, visitará os centros escolares do municipio
O Concelleiro de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado , José Luís Gestido, comezarán a próxima semana unha rolda de visitas aos Centros escolares.
No pasado Consello Escolar, que tivo lugar o pasado 9 de abril, onde se reúnen os representantes de ANPAS, de Centros Escolares e técnicos da Concellería de Educación, o Concelleiro José Luis Gestido Porto adquiriu o compromiso de quedar coas Anpas nos centros escolares para facer un listado de deficiencias antes do próximo pleno do Consello Escolar Municipal Cangas (CEMC) neste curso.
A intención é revisar as deficiencias que están pendientes en cada un dos colexios que depende do concello o seu mantenemento.
Unha vez revisadas e valorado o custo económico de cada unha das tarefas, procederase a intentar solucionar a maior parte delas antes do inicio do curso escolar 2014/15.
Así mesmo, as que non dependan do Concello serán trasladadas á Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Educación.











