O comité de irmandamento reúnese para comezar a organización da visita a Olonne sur Mer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Comité de Irmandamento do Concello da Laracha reuniuse hoxe no salón de Plenos da Casa Consistorial para iniciar os preparativos da viaxe a Olonne sur Mer que se realizará a mediados do mes de xullo, no que será o encontro anual entre os veciños e o tecido asociativo de ambos municipios, irmandados desde 2010.

Á reunión asistiron concelleiros dos tres grupos políticos con representación na Corporación municipal, así como representantes do Laracha C.F. e das asociacións culturais Santa María de Torás e Queiroga de Paiosaco.

A previsión é saír da Laracha en autobús o día 9 de xullo e regresar o día 14, saíndo desde Olonne sur Mer a noite anterior.

Entre as actividades que se realizarán durante a estancia na localidade francesa cabe salientar a participación na xornada deportiva denominada Olonne à Vélo (Olonne en bicicleta), na que se realizarán rutas ciclistas polo municipio. Tamén haberá encontros coas diferentes asociacións, con especial protagonismo para as de música e baile tradicional, así como visitas de tipo cultural en Olonne sur Mer e outros lugares próximos.

Tal e como acordaron os membros do Comité de Irmandamento, nesta ocasión a expedición larachesa non estará formada en exclusiva por representantes de clubs, entidades e asociación, senón que se abrirá a veciños –e familias- do Concello en xeral. Aquelas persoas que estean interesadas en participar e realizar a viaxe a Olonne sur Mer

poden solicitalo ou ampliar información acudindo ao Concello da Laracha.

2 de xuño de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.