O comercio de Betanzos celebrará unha nova noite de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

Betanzos acollerá mañá, venres 13 de xuño, unha nova edición da noite de portas abertas do Comercio de Betanzos, A FASHION´S NIGHT OUT que se celebrará en horario de 19.30 h a 23.30 h.

Trátase dunha xornada na que os establecementos comerciais manterán as súas portas abertas ata preto da media noite ofrecendo descontos, sorteos, ou regalos polas compras… Ademais os establecementos ofrecerán preparación de cócteles, degustacións, sesións de fotografía etc.

Participarán establementos de diferentes sectores: moda, calzado, beleza, florerías, complementos ou regalos. Nesta ocasión participarán no evento CALZADOS PEPE GRANERO, CONFECCIONES CHELA, CHOCOLAT, CARROUSEL, METAMORFOSE, BICOS, JAVIER MODA HOMBRE, GRAF MODA JOVEN, FLORES DANS, CUPLÉ e FREESIA.

Con esta iniciativa preténdese dinamizar o sector comercial e hostaleiro así como activar o consumo en Betanzos nunha noite na que os establecementos contarán con decoración especial nos seus establecementos ademais dispoñer da xa clásica alfombra vermella coa finalidade de contribuír a crear un ambiente festivo no comercio de Betanzos.

12 de xuño de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.