O Club de Patinaxe Rosaleira acada a medalla de prata no VII Trofeo Brincadeira
O Club de Patinaxe ArtísticoRosaleira deMos participou onte, domingo 8 de xuño, no VII Trofeo Brincadeira Grupos Espectáculo, -que se celebrou no Palacio dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña-, obtendo o título de subcampeón.
Dez nenos e nenas mosenses do Club Rosaleira acadaron a segunda posición na categoría Senior Grupos Pequenos, logrando unha merecida medalla de prata que lle adicaron á súa profesora Tania
O espectáculo que levou ó podio a estes dez patinadores mosenses foi titulado ‘Luces na escuridade’.











