publicidade hoxe

O ciclo de Música nos Tilos continúa co concerto do Miguel Flores Trío

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Miguel Flores Trío é o cartel do ciclo Música nos Tilos mañá venres 20 de xuño. Trátase do guitarrista gaditano Miguel Flores, que lle da nome á formación musical, acompañado de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire na percusión. O concerto comezará ás 22:30 horas na Casa Común dos Tilos e a entrada é de balde ata completar aforo.

Este trío leva dous anos presentando un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías. O música viviu en Ceuta onde comeza o seu contacto coa guitarra xunto á familia Serranito. Vive en Galicia dende hai anos e ten traballado con músicos como Narf, Guadi Galego, Iria Peña ou Leilía.

Música nos Tilos é un ciclo no que se oferta música de calidade nun escenario moi concreto, a Casa Común dos Tilos, nun ambiente de concerto acústico. De feito o contacto entre público e artista é moi próximo. No espíritu deste ciclo de concertos, organizado pola Concellaría de Cultura de Teo, tamén está traer produtos de calidade no entorno máis próximo. Os concertos celébranse os venres de xuño e neste 2014 esta iniciativa cumpre cinco anos de funcionamento. Nestes anos teñen pasado polos Tilos artistas como Xacobe Martínez Antelo, Narf, aCadacanto, Sergio Tannus, Aline Fraçao… Nesta edición xa pasaron polo escenario teense Jamila Purofilim e a formación de jazz Sumrrá.

19 de xuño de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.