publicidade hoxe

O centro de día de Miño incluirase na rede pública de atención aos maiores da Consellería de Benestar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMiño
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, incluirá o centro de día de Miño na súa rede pública de atención aos maiores.

Así llo confirmou hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde desta localidade, Jesús Veiga, nunha reunión mantida na Coruña na que abordaron diversos temas de colaboración entre ambas administracións.

Este centro disporá dun total de 30 prazas de atención aos maiores. A súa reforma e o seu equipamento correron a cargo do concello.

Os centros pertencentes á rede pública veñen definidos como centros xerontolóxicos de alcance social e terapéutico e de apoio ás familias, que prestan atención diurna ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual.

25 de xuño de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.