O Celta pecha outro partido de preparación en Inglaterra medíndose ao Norwich City

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta xa pechou outro dos partidos de preparación que disputará esta pretemporada en Inglaterra. Os celestes mediranse o venres 1 de agosto ao Norwich City ás 19.45 (hora local) en Carrow Road, un estadio con capacidade para 27.000 espectadores.

Entre os logros do Norwich, que a pasada tempada competiu na máxima categoría do fútbol inglés, destaca un terceiro posto na Premier na campaña 1992/93 e a consecución en dúas ocasións da Copa da liga. Este histórico conxunto disputou tamén a Copa da UEFA e até a data é o único equipo británico que derrotou ao Bayern de Múnic no antigo Estadio Olímpico de Múnic

Un día despois, o dous de agosto, os celestes mediranse ao Wolverhampton Wanderers ás 15.00 (hora local) no Estadio Molineux.

17 de xuño de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.