O Celta agradece o esforzo e compromiso dos xogadores do filial que non continuarán no club
O Real Club Celta quere expresar o seu sincero agradecemento aos xogadores do Celta B que acaban contrato o 30 de xuño e non continuarán no equipo a próxima tempada: Antón de Vicente, Diego Maceira, David Añón e Marcos Torres. Estes futbolistas deixaron pegada na canteira celeste pola súa entrega, dedicación e esforzo e foron un exemplo para os mozos que foron chegando ao filial nas últimas campañas.
O club quere destacar o traballo e compromiso deste xogadores no filial e desexarlles un gran éxito na súa nova etapa profesional. Tamén fai extensiva a súa gratitude aos dous futbolistas cedidos que volverán aos seus equipos: Aitor e Juan Delgado











