O Carballiño inicia a vindeira semana a tempada das piscinas municipais
A área de Deportes do concello do Carballiño informou da apertura das piscinas municipais o vindeiro venres, 27 de xuño, sendo esa xornada a entrada gratuíta até completar aforamento. A decisión de abrir nesa data vén motivada pola meteorología, xa que segundo informáronse os responsables municipais, até esa data o tempo non vai acompañar nin a convidar a gozar das piscinas, a pesar de que desde esta semana está xa todo preparado nas mesmas para proceder á súa apertura.
Os prezos establecidos para esta tempada serán os seguintes. A entrada para nenos de 4 a 16 anos será de 1,29 euros, e para os adultos, desde 17 anos, de 2,10 euros. Tamén se ofrecen abonos quincenais ou mensuais. Os primeiros, os quincenais, terán un custo para os nenos de 10,05 e 20 para os adultos. Os bonos mensuais serán de 15,15 e 30 euros respectivamente.
Como é habitual ofrecerse a posibilidade de adquirir os abonos familiares cos seguintes prezos, 170 euros para toda a tempada, 70 para un mes e 35 para unha quincena. Todos os abonos deberán ser adquiridos nas oficinas de recadación situadas na rúa Faustino Santalices.
Doutra banda o próximo 25 de xuño abrirase o prazo para inscribirse nos cursos de natación, para nenos da partir de 5 anos. O curso terá un custo de 35 euros, establecéndose 20 prazas para iniciación e 20 para perfeccionamento. Os cursos impartiranse tanto os meses de xullo como agosto. Os pais deberán inscribir aos seus fillos na área de Deportes, situada na segunda planta da consistorial, levando só unha foto de carné.
Un ano máis as piscinas municipais do Carballiño contarán cos servizos habituais de cafetaría, vestiarios, zona de adultos e infantil, así como socorristas e a celebración de actividades lúdicas, as primeiras os días 11 e 12 de xullo con inchables para piscinas.











