O Burgasfest unirá música, artes escénicas, urban dance e deportes en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá a partir das oito da tarde o Xardín do Posío acollerá unha das principais novidades da programación das Festas de Ourense 2014 que confeccionou a Concellería de Cultura.

Cambio xtremo music, Ninetysixers, Aid, Comando Katana, Dealema e FT. Woyza e Mala Rodríguez ofrecerán música en vivo no palco do Xardín.

Xa o sábado, no Pavillón dos Remedios, haberá un campionato de baloncesto 3×3, actividades lúdico deportivas de skate e BMX, urban dance e concerto de García Mc. Durante estas actividades, elaborarase un graffiti, deseñado por artistas galegos e portugueses.

O Festival de Cultura Urbana Burgasfest créase como espazo especialmente destinado á mocidade, mediante a posta en valor de artes plásticas urbanas e deportivas, coa participación de artistas na súa maioría galegos e portugueses nas diferentes actividades. Dentro da finalidade lúdico cultural deste festival promocionarase a cultura urbana como movemento de intervención e promoción da comunidade e artistas, tanto locais como non locais.

As horas estimadas para os concertos do Xardín do Posío (venres 27) son as seguintes:

Cambio xtremo music – 20.30 h
Ninetysixers – 21.20 h
Aid – 22 h
Comando Katana – 23 h
Dealema + FT. Woyza – 23.35 h
Mala Rodríguez – 1 h

26 de xuño de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.