O BNG ve o comezo dun proceso de limpeza na sentenza que condena aos edís de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, congratulouse este luns pola sentenza que condena a 9 anos de inhabilitación a sete edís de Santiago, ao tempo que considerou que é o “comezo dun proceso de limpeza” no municipio.

Preguntado durante unha rolda de prensa convocada tras a abdicación do Rei, Vence sinalou que a sentenza “restitúe o que debería restituír o PP” no “mar de corrupción” que supón o Concello de Santiago.

Nesta liña, recordou que dende as filas do BNG xa se reclamara en numerosas ocasións a “limpeza” do municipio e lamentou que esta decisión non fose “sustanciada a iniciativa” do Partido Popular e si a través dunha sentenza xudicial.

A sentenza condenatoria, para Vence, “pon as cousas no seu sitio” e inicia un “proceso de limpeza” para “devolver a dignidade ás institucións”, ao tempo que demostra o Partido Popular que “non se pode mirar cara a outro lado ante a corrupción”.

2 de xuño de 2014 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.