O barítono Juan Jesús Rodríguez ofrece un concerto solidario en Ferrol
O barítono Juan Jesús Rodríguez será o protagonista este sábado, día 14, do segundo concerto do ciclo “Ferrol en clave lírica”, programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol e que se desenvolve no Auditorio de Ferrol. A gala lírica “Bailar, cantar, soñar” dará comezo ás 20:30 horas e todos os fondos recadados serán destinados a fines benéficos.
Juan José Rodríguez, considerado polos críticos o mellor barítono español na actualidad, estará acompañado neste concerto no Auditorio de Ferrol pola soprano Carolina Gilabert e a bailarina Ana Pérez Navarrete, ademais do pianista Manuel Burgueras. O seu timbre, a súa liña de canto e a súa calidade interpretativa sitúan a Juan Jesús Rodríguez como un dos principais barítonos do momento. Dende o seu debut no ano 1994 coa ópera Yvegny Onieguin no Teatro da Zarzuela de Madrid, foi protagonista con gran éxito de crítica e público dos roles principais de barítono até ser considerado hoxe en día un dos principais barítonos verdianos da súa xeración. Despois do seu gran éxito en el Maggio Musicale Fiorentino con “Il Trovatore”, o cantante onubense será un dos principais reclamos da próxima temporada del Teatro Real onde cantará “La Traviata” o vindeiro mes de decembro.
Trala súa aclamada Gala Verdi no pasado festival da Ópera da Coruña, Juan Jesús Rodríguez volve agora a Galicia para interpretar no novo Auditorio de Ferrol unha selección de arias de ópera e zarzuela. O cantante, que acaba de obter un gran éxito coa ópera “Pagliacci” na temporada do Teatro da Zarzuela de Madrid, estreará en Ferrol un espectáculo no que a danza ocupará tamén un lugar especial, coa música de Mozart, Verdi, Tosti, Chopin, Haendel, Moreno Torroba e Chapi, entre outros… Este recital de ópera e zarzuela que se desenvolverá no novo espazo cultural de Ferrol incluirá fragmentos de “La Traviata” e “Luis Fernanda”.
Venda de entradas
As entradas poderán ser adquiridas de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).











