O Azkar Lugo Xuvenil logra o doblete tras adxudicarse o título de copa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

Gran tempada a que está levando a cabo o Azkar Lugo xuvenil que dirixe Ángel Pérez. Tras conseguir o título da liga nacional xuvenil no seu grupo galego, os lucenses conseguiron onte domingo o doblete tras levantar o título da Copa da liga, final que se disputou en Pontevedra e que finalizou co triunfo do Azkar Lugo sobre o Santiago Futsal na gran final (4-3). A estes dous títulos súmase o gran papel que o equipo xuvenil está levando a cabo na Copa de España onde se clasificou para a fase final tras eliminar en Lugo en oitavos de final ao Jerez e en cuartos de final ao Umacón Zaragoza en terras mañas.

Onte ante o Santiago aos lucenses tocoulles remontar ata en tres ocasións, xa que nunha primeira metade na que os azuis expoñían máis por ter a pelota e xerar perigo, tocou remontar no segundo periodo xa que os compostelanos chegarían mandando pola mínima ao descanso. No segundo periodo, cun Azkar Lugo moi enchufado no seu inicio, en nun minuto, o 22, Adrián e José López conseguirían senllos goles que significaban o 4-3 e a vitoria momentánea para os lucenses, marcador que curiosamente non se volvería a mover, o que permitiu ao Azkar Lugo xuvenil levantar o título de Copa e polo tanto conseguir o doblete.

Ficha técnica:

Azkar Lugo 4: Yago Balsa, Jose López, Asier, Álex Diz e Álvaro, -cinco inicial-, Costoya, Porto, Adrián, Nacho, Brais e Rubén Mouriz.
Santiago Futsal 3: Alberto, Iago, Enrique, Adrián Torres e Iago Fernández, -cinco inicial-, Antonio, Anuar, Daniel e Adrián.
Árbitros: Lago Barreiro e Arca Branco (Vigo).
Incidencias: final da Copa da liga nacional xuvenil. Pavillón Municipal de Pontevedra.
Goles: 0-1 min. 8 Dani, 1-1 min. 12 Porto, 1-2 min. 15 Dani, 2-2 min. 19 Asier (dobre penalti), 2-3 min. 20 Enrique, 3-3 min. 22 Adrián e 4-3 min. 22 José López.

Copa de España
Este próximo fin de semana, o Azkar Lugo xuvenil poñerá o fin a unha gran tempada tendo a honra de ser un dos catro equipos elixidos para disputar a fase final da Copa de España. Os lucenses comparten o cartel da final four xunto ao FC Barcelona, Levante e UD Las Rozas Boadilla. Precisamente este último equipo, o madrileño, será o rival dos galegos en semifinais.

Esta fase final se diputa na localidade aragonesa de Pinseque este sábado 14 e domingo 15 de xuño.

Calendario:

Sábado 14 – Pavillón Municipal de Pinseque:
    17:00 horas: Levante – FC Barcelona
    19:00 horas: UD Las Rozas Boadilla – Azkar Lugo

Domingo 15 – Pavillón Municipal de Pinseque:
    11:00 horas: final

9 de xuño de 2014 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.