O Azkar Lugo Cadete proclámase subcampión de España

Azkar Lugo Cadete. Foto: pronelugoad.com
O Azkar Lugo cadete disputaba este pasado fin de semana o Campionato de España de clubs da Confederación Nacional de fútbol sala, campionato que se disputou na localidade castelán-leonesa de Ávila, premio que chegou para os pronistas tras facerse co título galego no pasado mes de maio. Os lucenses nesta ocasión non puideron alzar o título de campións nesta categoría como xa o fixeran no 2011, pero conseguiron un merecido subcampionato que pecha prácticamente a tempada, a falta de finalizar a Copa autonómica, cunha gran nota.
Os lucenses perderon na gran final do Campionato ante o representante de Extremadura, EFS Fair Play, por 4 goles a 7 nun partido igualado.
Antes os lucenses clasificáronse como primeiros do grupo A tras as súas dúas vitorias: ante o CD L´alcora FS (7-8) e ante o TMR (4-5).
Así quedou a clasificación final en categoría cadete:
Campión: EFS Fair Play (Extremadura)
Subcampeón: Azkar Lugo (Galicia)
3º clasificado: Sagrada Familia (Andalucía)
4º clasificado: Akrasala (Murcia)
5º clasificado: L´alcora (Valencia)
6º clasificado: CD Zasport (Castilla y León)
7º clasificado: TMR (Castilla y León)
Sen sorte para o resto de galegos
Os representantes galegos nestes campionatos de España non tiveron demasiada sorte e nesta ocasión foron os equipos andaluces os que dominaron o resto de categorías, adxudicándose o título de campións en benxamíns, alevíns e infantís.
En infantís o representante galego, o Colegio Liceo, finalizou tamén como subcampión da súa categoría tras perder a final (5-8) ante o Colegio El Romeral.
Pola súa banda en alevíns o Colegio Los Sauces, representante galego, tampouco tivo demasiada fortuna xa que tras alcanzar a final perdía a mesma ante o CD Palo Pedregalejo FS (3-5).
Para rematar en benxamíns o representante galego, o Cidade de Narón, non puido alcanzar a final ao terminar a clasificación de grupos como segundo do grupo B. O campión desta categoría foi o CD Humilladero que venceu ao Guardin (11-2).











