O Avinza GDR 15 organiza un curso de asesoramento personalizado á hostalería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizOurense
A-
A+

O Grupo de Desenvolvemento Rural AVINZA GDR 15 organiza dentro proxecto de cooperación GEOPUEBLOS, un curso de asesoramento personalizado á hostelería.

Geopueblos, un proxecto no que forman parte sete grupos de desenvolvemento rural do estado (Promancha, Adeco Camino, Aprodervi, Aracove, Avinza, Galsinma, y Macovall) e financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Nace co obxectivo de fomentar o coñecemento do territorio que nos sostén e avalorización dos seus recursos, no caso galego, o do territorio AVINZA GDR 15, dez concellos da provincia de Ourense (A Bola, Allariz, Baños de Molgas , Maceda, Taboadela, Paderne de Allariz, Rairiz de Veiga, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Vilar de Santos), para iso denvolveuse unha plataforma interactiva na que aparecen xeolocalizados e unha breve descrición do patrimonio, hostelería, hospedaxes, proxectos innovadores,… do noso entorno. Nesta plataforma atoparedes un xogo infantil interactivo “O código Segredo” co obxectivo de transmitir dendê a infância a riqueza natural, patrimonial e cultural do territorio AVINZA GDR 15.

Neste momento, apostamos por transmitir toda esta información a un dos axentes claves na difusión dos nosos valores e recursos, asi como do manexo da plataforma mediante um curso personalizado á hostelería do territorio AVINZA GDR . Cumprindo así cun dos obxectivos do proxecto, promover a participación dos habitantes do medio rural e a poboación na creación dos contidos.

Entendendo que os/as hosteleiros/as son esenciais na imaxe das nosas vilas, incluímos na formación unha oferta personalizada que mellore os coñecementos sobre o território e a oferta de servizos.

O curso conterá, tamén, cunha parte de análise e asesoramento de tal forma que esta sexa personalizado e confidencial (tipo de cliente, trato ao público, xestión de stock, atracción de nova clientela,…) co obxectivo de , ao rematar o curso, poidamos ofertar un mellor servizo e estar dotados de mais ferramentas que nos permitan difundir os valores locais.

O curso é gratuito, está dirixido a todos/as os hosteleiros/as do território AVINZA GDR 15.

O prazo para a inscrición estará aberto até o dia 28 de xuño de 2014 e desenvolverase ao longo do mes de xullo.

Todos/as os interesados/as poden anotarse na sede de AVINZA (Portelo nº 4 2º andar Allariz), tlf. 988442535 ou ben info@avinza-gdr15.com

11 de xuño de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.