O auditorio de Vilagarcía oferta unha velada do máis divertida coa representación de “La cena de los idiotas”
A oferta cultural para esta fin de semana chega cargada de humor e de crítica social con “La cena de los idiotas” a exitosa obra de Francis Veber que o sábado porán en escena Josema Yuste, de “Martes y Trece”, Félix Álvarez “Felisuco” e David Fernández, o actor que participou en Eurovisión interpretando a Rodolfo Chiquilicuatre. A representación comeza ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 e o mesmo día da actuación na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. O prezo é de 17 euros nas zonas A e B ,e 15 na C.
“La cena de los idiotas” é un moderno clásico do humor no que se fai unha intelixente crítica a unha sociedade na que non resulta doado saber quen é realmente idiota. Esta obra reivindica o simple nunha sociedade afogada no consumismo feroz. Fan falla listillos e pícaros, pero os inocentes sempre permanecerán e estes roles son os que se representan nesta comedia de situación na que todo se lía.
A obra foi representada por numerosos países do mundo, e a montaxe que chega a Vilagarcía xa leva tres anos en cartel polos escenarios das principais cidades de España.
A dirección de “La cena de los Idiotas” corre da man de Juan José Alfonso, na que ademais de Yuste, Felisuco e David Fernández, completan o elenco de actores Esperanza Lemos, José Luis Mosquera e Natalia Ruíz.











