O Auditorio de Ferrol acollerá o seu primeiro concerto sinfónico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Auditorio de Ferrol retoma a súa actividade cultural e a vindeira semana acollerá dous novos concertos. A primeira cita musical correrá a cargo de Jesús López Cobos e a Orquestra Sinfónica de Galicia e terá lugar o vindeiro xoves, día 12, ás 20:30 horas. Así mesmo, a segunda cita programada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol se realizará o vindeiro sábado, día 14, ás 20:30 horas e correrá a cargo de Juan Jesús Rodríguez. A actuación do barítono está enmarcada dentro do ciclo “Ferrol en clave lírica”, programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, e que iniciou o pasado mes de abril a prestixiosa soprano Ainhoa Arteta.

Jesús López Cobos e a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerán o primeiro concerto sinfónico do novo equipamento ferrolán cun programa integramente dedicado a Ludwig van Beethoven, coa música de Egmont e a Sinfonía 3 do compositor alemán. O concerto contará coas voces da soprano Manuela Uhl e do narrado Santiago Fernández na música de Egmont, escrita por Beethoven para a representación da traxedia co mesmo título de Johann Wolfgang Goethe.

Ciclo de música lírica

Juan Jesús Rodríguez: bailar, cantar, soñar”, un dos principais barítono verdianos, será o encargado de continuar co ciclo “Ferrol en clave lírica” programado pola Concellería de Cultura que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado; e que concluirá o vindeiro 18 de outubro coa presenza do barítono Borja Quiza. Despois do seu gran éxito no Maggio Musicale Fiorentino con “Il Trovatore”, que xa cantara baixo a batuta de Zubin Mehta, o cantante onubense será un dos principais reclamos da próxima tempada do Teatro Real. Trala súa aclamada Gala Verdi no pasado Festival de Ópera da Coruña, Juan Jesús Rodríguez volve a Galicia para deleitar ao público que asista ao Auditorio de Ferrol cunha selección de arias de ópera e zarzuela.

3 de xuño de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.