O Auditorio de Ferrol acolle o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia
A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará este xoves, día 12, ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol. Este concerto forma parte da programación da Concellería de Cultural do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. As entradas poden ser adquiridas de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: <www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Jesús López Cobos e a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerán o primeiro concerto sinfónico do novo equipamento ferrolán cun programa integramente dedicado a Ludwig van Beethoven, coa música de Egmont e a Sinfonía 3 do compositor alemán. O concerto contará coas voces da soprano Manuela Uhl e do narrador Santiago Fernández na música de Egmont, escrita por Beethoven para a representación da traxedia co mesmo título de Johann Wolfgang Goethe.











