O Alondras de Cangas presenta os torneos de prebenxamín, benxamín e alevín
Hoxe celebrouse a presentación dos Tornes Prebenxamín, Benxamín e Alevín que terá lugar os días 7, 14 e 21 de xuño respectivamente no Campo de Fútbol ‘O Morrazo’ organizados polo Alondras C. F. Coa colaboración do Concello de Cangas e da Fundación Cangas Deporte.
No acto estivo presente o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño que felicitou ao club cangués pola “excelente” tempada das súas categorías inferiores co ascenso dos xuvenís que subiron a División de Honra. “Dende o Concello e a Fundación Cangas Deporte queremos reiterar o noso compromiso de apoiar á organización de eventos e o traballo que se fai dende os clubs como o Alondras” afrimou. Soliño augurou un novo “intenso” fin de semana cargado de probas deportivas “que demostran unha vez máis que temos a fortuna de vivir nunha vila deportista”.
Sito Fernández, Director Técnico da Base do club cangués, explicou que “trátase de tres torneos diferentes, prebenxamín, benxamín e alevín que terán lugar en tres fines de semana seguidos”, “haberá dous grupos de cinco equipos para a fase inicial da cal sairán os oito equipos que xogarán os cuartos de final, ata chegar a final ao redor das 20.00 horas”engadiu, “sendo os partidos a dous campos compostos por dous tempos de 12 minutos cada un” rematou.
Pola súa banda o Coordinador Xeral da Base do Alondras C.F. Fernando Quinteiro destacou que “dende o Alondras o que pretendemos facer é levar a cabo torneos competitivos e da mellor calidade posible”, “non é doado , pola gran oferta existente por estas datas por parte dos diferentes clubs pero gozamos dun certo prestixio polo que veñen equipos de bastante calidade” apuntou. Como novidade Quinteiro anunciou que os torneos poderán seguirse a través da rede na páxina Xporty.com, na que poderase acceder a fotos, estatísticas, foros e resultados a tempo real.
En cada torneo participarán 10 equipos de 9 clubs diferentes, xogando cada fin de semana 150 deportistas. Os torneos comezarán ás 10.00 horas cos primeiros enfrontamentos ata ás 14.00 horas, para continuar a partir das 16.00 horas ata a celebración da final ao redor das 20.15 horas coa posterior celebración da entrega de premios
No cadro do Torneo Prebenxamín que será o primeiro e celebrarse están os seguintes equipos: Alondras, C.F. Pontevedra, E.F. Portero 2000, U.D. Santa Mariña e o E.F. Vila do Corpus nun grupo e no outro Alondras C.F. (B), E.F.B. Moañesa, Salgueiriños C.F., E.F. Soutomaior, A.X.D. Verdugo.
No Torneo Benxamín: Alondras, C.F. Pontevedra, Coruxo F.C., U.D. Santa Mariña e o E.F. Vila do Corpus nun grupo e no outro Alondras C.F. (B), E.F.B. Moañesa, R.C. Celta de Vigo., Salgueiriños C.F., E.D. Val Miñor.
Por último no Torneo Alevín participarán: Alondras, Areosa S.C., E.F. Soutomaior, E.F.B Moañesa e o U.D. Santa Mariña nun grupo e no outro Alondras C.F. (B), Figueirido F.C., R.C. Celta de Vigo., Salgueiriños C.F. (B), F.C. Domaio (B).











