O alcalde do Carballiño recibe aos pais e nais dos alumnos da Escola de Música e Conservatorio
O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Educación, recibiu aos pais e nais dos alumnos do conservatorio e a escola de música, nunha reunión na que se debatiron as novas taxas municipais para estes dous centros educativos. En primeiro lugar Argimiro Marnotes ensinoulles a este grupo de pais as novas bonificacións que o concello creou para os matriculados nestes centros, tanto para familias en risco, como familia numerosas, etc, co que o actual grupo de goberno pretende facilitar o acceso a estes estdios aos interesados.
Existen tarifas reducidas en relación co iprem desde o 200 ao 50 % do seu valor con tarifas q redúcense desde un 10 a un 25% do prezo normal para favorecer ás rendas máis baixas( algo que descoñecías os membros da plataforma) É O PRIMEIRO ANO QUE SE FAN. Algún pagase menos que o ano anterior. as familias numerosas pasan a ter un 50% en vez do 20 % que tiñan antes. E as familias numerosas especiais non pagarán nada. E as familias en situación de emerxencia terán desconto dun 75%.
Estes pais que pertencen a unha plataforma contra as taxas ten o apoio do alcalde para que este servizo sexa recollido pola conselleria de educación como competencia propia.
Doutra banda o alcalde aseguraba aos presentes que estes prezos veñen marcados polo plan de saneamento económico “o cal estamos a tentar liquidar canto antes, para poder recuperar o control sobre este tipo de taxas”. Na mesma liña mostróuselles aos representantes dos pais o estudo realizado entre os conservatorios e escolas de música da provincia, na que se comproba como o do Carballiño está na mesma liña de custo de matrículas que o resto de centros similares, coa contraprestación de que no Carballiño se están ofrecendo títulos homologados, cousa que non ocorre noutros conservatorios.
O que tamén avanzou o alcalde e a edil de Educación, é a posibilidade de revisar para o próximo curso a periodicidade dos pagos, podéndose establecer un maior fraccionamiento dos mesmos, o que supón máis facilidades as economías familiares.











