O alcalde de Vigo destaca na presentación de Primavera de Cine a importancia da economía audiovisual

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

As proxeccións do terceiro festival de filmes Primavera do Cine en Vigo comezarán mañá mércores nos auditorios do Concello de Vigo e do MARCO, e finalizarán o próximo domingo 8 de xuño. Durante a presentación do programa, o rexedor sumouse aos organizadores ao ratificar o carácter reflexivo deste festival.

O alcalde, Abel Caballero, secundou a condición reflexiva do festival Primavera de Cine en Vigo, e ademáis manifestou a importancia que ten para Vigo a “economía do audiovisual” e o seu compromiso de “seguir tirando da industria”. A terceira edición do festival Primavera de Cine en Vigo organizado por “Musiquina 33 mg” e “Reencanto Produccións”, arrancará esta mesma tarde de martes ás 19,30 horas no MARCO. O coloquio “¿Discriminación consciente?” que abranguerá o papel da muller no sector audiovisual galego e que contará, entre outras, coa presenza de Chelo Loureiro, Margarita Diego ou Sonia Méndez, dará o pistoletazo de saída.

A partires de mañá mércores 4 de xuño, darán comezo as proxeccións das longametraxes, curtometraxes e videoclips programadas ata o próximo domingo 8 de xuño, e que se poderán ver no auditorio do Concello de Vigo e no auditorio do MARCO , por un prezo popular de 2,5 euros. Unha oportunidade, en verbas da directora do festival Ana Laura Pereira, “de que todos os vigueses e viguesas vexan os filmes que se fan en Galicia por galegos e galegas”. Pereira, quixo recoñecer ademáis , as aportacións do Concello de Vigo, da Concellería de Cultura, e dos pequenos comerciantes e patrocinadores, xa que sen os seus esforzo non sería posible levar a cabo esta terceira edición.

Ás proxeccións asistirán a maioría dos directores e directoras das obras audiovisuais participantes no festival. Tamén estará presente o recoñecido actor Manolo Zarzo na proxección de “Blockbuster”, o filme que protagoniza.

Este terceiro Festival Primavera de Cine en Vigo ten un contido altamente reivindicativo, como indicou o programador Alfonso Castaño, xa que no peche do mesmo, farase unha Mención Honorífica a asociación CIMA, unha asociación de cineastas do medio audiovisual que promove accións para acadar unha situación máis equitativa no eido.

3 de xuño de 2014 | 15:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.