O alcalde de Tui e Cores Tourís analizan as melloras dos centros educativos de secundaria do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTui
A-
A+
Cores Tourís xunto ao alcalde de Tui na visita ao IES San Paio

Cores Tourís xunto ao alcalde de Tui na visita ao IES San Paio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, en compaña do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o IES San Paio da localidade para coñecer as obras de mellora da instalación eléctrica que se vai a executar proximamente, así como analizar a situación dos centros educativos do municipio do Baixo Miño.

Na visita ao instituto tudense, o delegado territorial e o alcalde da localidade estiveron acompañados polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares así como responsables a Unidade Técnica de Educación.

Entre as obras que se executarán durante o presente curso se atopan estes traballos de reforma da instalación eléctrica do IES Santo Paio trala constatación de diferentes defectos tanto nos cadros eléctricos como nas liñas de distribución do edificio. Esta obra terá un orzamento que roldará os 60.000 euros e que será adxudicada nos próximos días, comezando a ser executada cando rematen as clases.

Os traballos permitirán unha mellora da eficiencia enerxética do centro que pode chegar a supoñer o 40% de aforro.

Ademais, o IES Santo Paio, que conta con 600 alumnos, verá mellorado o servizo de Internet graza a colaboración entre Xunta e concello, xa que se está a traballar na mellora da liña de datos e, deste xeito, aumentar a capacidade e velocidade da rede. “Non podemos esquecer que este centro conta con proxecto Abalar e un total de 300 ordenadores, 50 deles nas dúas aulas de informática”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que a obra no interior do edificio xa a fixo a administración automática, “e a instalación exterior será acometida en breve polo concello”.

Cores Tourís aproveitou a visita a un instituto tudense para destacar os máis de 800.000 euros investidos nos centros educativos de Tui dende 2009 ata o presente, tanto de Primaria coma de Secundaria.

“De feito, en Secundaria xa se investiron máis de 300.000 euros dende comezo da lexislatura”, explicou o delegado territorial. Así, ademais das obras executadas no IES San Paio para reparar problemas nas baixantes, tamén se reparou o depósito de gasóleo e a rede de datos do IES Francisco Sánchez, onde tamén se adaptou a casa do conserxe para a execución de novas aulas.

5 de xuño de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.