O alcalde de Gondomar visita aos alfombristas que ultiman os derradeiros detalles para as alfombras de Corpus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Visita aos traballos dos alfombristas. Foto: L. Gómez

Visita aos traballos dos alfombristas. Foto: L. Gómez

Xa vai case un mes desde que as distintas agrupacións alfombristas desen comezo as labores para a confección das tradicionais alfombras de Corpus, que este domingo adornarán as rúas de Gondomar.

Como mostra de apoio a este laborioso traballo, na tarde de onte, Fernando Guitián, alcalde do municipio acompañado por Ignacio Troncoso concelleiro de cultura e outros concelleiros do grupo de goberno visitou os lugares de reunión das distintas agrupacións onde se están a preparar os últimos detalles. En concreto, achegáronse ata o Centro Cultural de Chaín, Couso, o barrio de Caxide, as parroquias de Vincios e Mañufe, para rematar na carpa da Alameda.

Mañá sábado, dará comezo unha xornada maratoniana. Desde primeiras horas da tarde, e ata ben entrada a madrugada, os veciños e veciñas de Gondomar e parroquias daranse cita e comezarán a trasladar ás rúas os deseños das alfombras que se exhibirán na mañá do domingo.

Para que o traballo resulte menos duro, o Concello porá música ambiental nestes puntos, co obxectivo de amenizar a xornada aos alfombristas e varios grupos da zona visitarán as rúas do municipio para acompañar coa súa música aos distintos grupos de traballo.

20 de xuño de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.