O alcalde de Cangas visita as praias de Areacova e Francón

O alcalde de Cangas na visita ás praias
O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo realizaou unha visita aos areais de Areacova e Francón para valorar e planificar sobre o terreo posibles actuacións de mellora da sinalización e acondicionamento dos accesos as praias. Sotelo acudiu a estes areais, galardoados este ano coa Bandeira Azul, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Praias Jesús Graña, a concelleira de Seguridade e Tráfico María Luísa Prieto e o responsable da Policía Local para valorar e planificar o tráfico nas principais vías de acceso para evitar posibles problemas de cara a próxima época estival. Entre as iniciativas a desenvolver nas próximas semanas están o repintado, instalación de sinais informativas, pintado de prazas para vehículos para minusválidos entre outras.











