O 26 de xuño a AECC celebra o día de cuestación da AECC en Ourense
Máis de 1,5 millóns de persoas en España están afectadas de cancro. Cada ano diagnostícanse ao redor de 200.000 novos casos. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres padecerá cancro ao longo da súa vida. Con este panorama, o traballo da Asociación Española Contra o Cancro (aecc) ten máis sentido que nunca. Por este motivo, o próximo 26 de xuño, a aecc sairá á rúa a recadar fondos para seguir traballando no que vén facendo en Ourense desde fai máis de 20 anos: loitar contra o cancro.
Con máis de 150 persoas voluntarias, enfermos e familiares, unhas 250 huchas e un total de 30 mesas repartidas pola cidade de Ourense. A aecc solicitará directamente a colaboración da cidadanía na loita contra o cancro. Tamén se poderá doar a través da web (www.aecc.es) elixindo a cantidade e a provincia á que se quere doar. A recadación permitirá á asociación continuar financiando proxectos en investigación oncolóxica, seguir realizando programas de apoio e acompañamento á persoa enferma e a súa familia e incidir en campañas de prevención e detección precoz da enfermidade. Todos os servizos da aecc son gratuítos polo que o peditorio é vital para poder seguir manténdoos.
A pesar da crise económica que atravesa España, os ingresos por peditorio mantivéronse grazas á xenerosidade da sociedade Ourensá. Ao redor duns 15.000 euros espérase recadar este ano, diñeiro que se destinará a levar a cabo as principais actividades da aecc.
PUNTOS DE MESAS DISTRIBUÍDOS POR TODA A CIDADE:
Excmo. Concello de Ourense, Excma. Deputación Provincial de Ourense, Curros Enríquez, Axencia Tributaria, Carrefour, Ponte, CHUO, Seixalvo, Xoán XXIII, Paseo, Couto, Casco Vello, A Valenza, Progreso, A Carballeira, entre outros….











