O 100% dos alumnos do IES Alfonso X O Sabio aprobaron a selectividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Todos os alumnos do IES Alfonso X O Sabio presentados na selectividade en xuño aprobaron con moi boas notas. Trátase de 29 alumnos (15 homes e 14 mulleres) presentados nesta convocatoria das probas de acceso a universidade e todos eles aprobaron. Segundo os mestres, as notas sacadas foron, en liñas xerais, moi altas, destacando un 9,404 e varias notas por encima do 8 . En Galicia, os datos son similares, máis do 90 por cento dos aspirantes conseguiu aprobar ás probas de acceso á universidade do mes de xuño realizadas na comunidade galega, segundo os datos provisionales facilitados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia., que publicará as notas definitivas o próximo día 27, tralas resolucións das reclamaciones, tralo que se abrirán as solicitudes de segunda corrección entre o 30 de xuño e o 2 de xullo.

23 de xuño de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.