O 1 de xuño comezará a ludoteca de verán de Cangas con tódalas prazas cubertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Xuventude inicia o próximo martes día 1 a ludoteca infantil de verán, que este ano como novidade se desenvolverá na Casa da Xuventude, con todas as prazas cubertas.

A actividade ,terá lugar dende o 1 de xullo ó 22 de agosto en horario de mañá, de 9:00 a 14:00, de luns a venres.

A ludoteca de verán pretende dar solución a un problema recurrente de conciliación da vida laboral e familiar, consolidándose como unha boa proposta de tempo de lecer durante o verán.

Así os 50 nenos e nenas anotados poderán divertirse e aprender xogando, mentres os seus pais/nais traballan.

27 de xuño de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.