Nuria González protagoniza no Teatro Colón unha comedia sobre o paso do tempo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Chega ao Teatro Colón un dos éxitos teatrais da tempada madrileña, Taitantos de Olga Iglesias e dirixida por Coté Soler poderá verse este  venres 27 e sábado 28 de xuño no Colón. A programación complétase o xoves 26 ás 20.30 horas co concerto da orquestra Gaos. Unha ocasión moi especial na que a formación celebra o seu quinto aniversario sobre os escenarios interpretando temas de A. Koppel e Beethoven.

Nuria González transfórmase en Susana, unha muller  ‘que ha encontrado su lugar en el mundo y que se despeña desde la atalaya de su éxito social y profesional’. Taitantos narra a historia dunha blogueira de moda, unha  triunfadora á que se lle rompe a burbulla cando atopa un comentario ofensivo no seu blog. Coté Soler diríxea nun imparable monólogo escrito por Olga Iglesias e aderezado con videoblogs cos que se vai enfiando a acción.

A nova comedia dos produtores de Closer, Elling e Días de vino y rosas ten un ritmo imparable: cando a triunfadora blogueira descubre nas redes os improperios dun seguidor a súa vida comeza a romperse. Acaba a relación co seu mozo infiel, peléxase coa súa filla adolescente que quere uns implantes de peito, busca sen resultado ao home perfecto, vaise de festa e rastrexa por Internet; todo por tratar de gañar unha batalla perdida dende o inicio: o paso do tempo.

23 de xuño de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.