Nova edición do Campus Multideporte da Guarda
A Concellería de Deportes abre o prazo para inscribirse no segundo Campus Multideporte do Concello da Guarda que, principalmente busca, ofertar á poboación máis nova do concello unha alternativa de ocio saudable, dinámica e á vez recoñecer o propio entorno como recurso educativo e lúdico. O campus terá lugar do 7 ao 24 de xullo e vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 15 anos.
No campus, as actividades serán variadas e moi dinámicas, entre elas sinalamos: fútbol, volei, deportes de raqueta, xogos ao aire libre, actividades acuáticas… e moitas cousas máis. Ademais tódolos participantes terán unha equipación de regalo e tamén a merenda diaria de cada descanso.
O horario da actividade serán de 10 a 14 horas e desenvolverase en distintas ubicacións deportivas e de tempo libre como o estadio municipal, piscina municipal, praias, etc.
O prezo para participar na actividade será de 70 euros, sendo 60 no caso de inscricións de irmáns/irmás.
A inscrición levarase a cabo a partir do 24 de xuño e ata o 3 de xullo de 2014.
Información e inscrición na OMIX do Concello da Guarda, a través do facebook, do mail informacion@aguarda.es ou do teléfono 986614546.











