Nova edición da travesía a nado ao porto da Guarda
O sábado 5 de xullo o Porto da Guarda acolle unha nova edición da tradicional Travesía a Nado ó Porto da Guarda. Os máis pequenos deberán percorrer unha distancia de 400 metros e 1500 os maiores. A proba iniciarase ás 12.00 con saída e meta nas inmediacións da carpa instalada na explanada do Porto con motivo da Festa da Langosta.
Organiza este evento o Concello da Guarda coa colaboración do club de Remo Robaleira, o Club Alagua, Río Verde, GES, Policía Local e voluntarios que, a título individual fan posible coa súa participación, a realización, ano tras ano, desta proba deportiva.











