Nova actividade de “Ciudad ciencia” en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O salón de plenos da Casa do Concello acollerá o vindeiro venres día 13 de xuño, a partir das 20.00 horas, unha nova actividade do programa “Ciudad Ciuencia” promovido polo Consejo Superior de Investigaciones Ciéntificas (CSIC) no que o Concello de Cangas participa dende o pasado mes de outubro.

Trátase da conferencia “Introdución á agroecoloxía” que será impartida por Francisco Rubén Badenes Pérez do Instituto de Ciencias Agrarias ( ICA) do CSIC.

Con esta charla preténdese achegar ao público o mundo da agroecoloxía, que se basea na aplicación de principios básicos de ecoloxía ao deseño e manexo de agroecosistemas sostibles. Os principios da agroecoloxía inclúen conservación de recursos naturais e agrícolas; o uso de recursos renovables; a minimización do uso de produtos tóxicos; o manexo adecuado de la biodiversidade; a maximización de beneficios a longo prazo; e la conexión directa entre agricultores e consumidores. Por tanto implica un enfoque holístico e no se centra só na produción. 

A conferencia tamén incluirá exemplos prácticos do uso da agroecoloxía en varios agroecosistemas.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Cangas continúa apostando por este proxecto, que ten como finalidade achegar a ciencia a toda a cidadanía. O Concelleiro responsable de esta área Jesús Graña anima a todos os veciños e veciñas de Cangas a asistir a esta cita científica e sinala que o tema desta charla foi amplamente demandado pola poboación xa que se trata dunha actividade que estar a espertar moito interese nos últimos tempos.

5 de xuño de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.