Neda ofrece ás familias o programa “Conciliamos xogando” con actividades de ocio didáctico infantil
O Concello de Neda ofrecerá ás familias o programa “Conciliamos xogando”, un servizo de atención á infancia para permitir que os pais e nais da localidade compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares. “Conciliamos xogando” arrancará o próximo 14 de xullo e prolongarase inicialmente ata o día 31 en horario de 8,45 a 13,45 horas. O escenario principal será o colexio público San Isidro.
Trátase dun servizo gratuíto, con custe cero para os usuarios, e está pensado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. De feito, en días pasados, a Concellería de Educación e Cultura remitiu unha circular aos centros educativos da vila para informar da iniciativa e animar á inscripción. Así, aqueles que estean interesados en participar deben dirixirse á Casa da Cultura e anotarse de 10 a 13 horas e antes do 1 de xullo. Organizado pola Concellería de Igualdade, o programa “Conciliamos xogando” está cofinanciado polo Concello de Neda e a Deputación Provincial da Coruña.
Ofrece aos nenos e nenas unha oferta de actividades de ocio didáctico e, entre estas, xogos ao aire libre ou talleres de manualidades. Todas as familias de Neda poderán optar a este servizo e, no caso de que o número de solicitudes supere o de prazas ofertadas (50), faráse unha valoración das mesmas.











