publicidade hoxe

Neda celebrará o XVII Festival da Canción Mariñeira a vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A real vila de Neda celebrará o próximo 5 de xullo a XVII edición do seu Festival da Canción Mariñeira. Un certamen organizado pola Agrupación Artística Lucero del Alba co que colaboran tanto o Concello de Neda como a Deputación Provincial da Coruña. Comezará ás 20 horas nas instalacións do colexio público San Isidro da localidade, onde se ubicará a carpa na que se desenvolverán as diferentes actuacións musicais. A xornalista e presentadora de televisión Raquel Rodríguez será a encargada de conducir a gala e dar paso as actuacións da Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro (Lago), da Rondalla e Coral Polifónica O Castro (Miño) e da propia Agrupación Artística Lucero del Alba, que presentará o seu novo CD “Con todo el corazón”. Tras a música, o público asistente poderá degustar unha mexilonada popular coa ambientación musical de Chevalier. Dende o Concello faise unha invitación a toda a veciñanza de Neda e da comarca para que asistan á real vila e disfruten dun certame que, ano tras ano, congrega a centos de persoas amantes da boa música.

26 de xuño de 2014 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.