publicidade hoxe

Neda celebrará o seu Encontro anual de Maiores o 4 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Servizos Sociais e Terceira Idade, Leonor Canosa, invitou esta mañá aos maiores do municipio a participar na sexta edición do Encontro para o colectivo que promove o Concello. A cita terá lugar o próximo 4 de xullo nas instalacións do colexio público San Isidro, baixo carpa e aproveitando a infraestructura instalada pola rondalla Lucero del Alba para celebrar o Festival da Canción Mariñeira.

O programa do Encontro de Maiores inclúe unha merenda-cea a base de paella e churrasco e baile con música en directo. A festa comezará sobre as 20,00 horas e a participación será completamente gratuíta para os nedenses maiores de 65 anos empadroados na real vila. Iso si, é preciso inscribirse previamente nas oficinas municipais, luns, martes, xoves e venres de 9 a 14 horas. As persoas que non residan en Neda pero que desexen asistir deberán pagar unha entrada de dez euros. O prazo rematará o próximo 25 de xuño. Deste xeito, o Concello anima aos maiores da localidade e da comarca a anotarse e participar deste encontro co que se pretende ofrecer unha actividade de ocio activo para a Terceira Idade, fomentando as relacións entre o colectivo.

16 de xuño de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.