Múltiple avaría nas conducións de auga en Monforte
O concelleiro de servizos municipais, José Luis Rodríguez Rivera, informa que o subministro de auga a gran parte da cidade veuse interrumpido na tarde de onte como consecuencia dunha avaría que se produciu no entronque das conducións xerais dos depósito do Cornado e do monte de San Vicente.
Na mañá de onte rexistrouse unha avaría na rúa Rosalía de Castro, ó pouco tempo operarios de AQUALIA estaban traballando no arranxo desa avaría. Durante a realización dos traballos saltou unha chave de paso dunha condución xeral. Resultou necesario pedir esa peza fóra de Monforte. Cando se recibe e proceden a substituíla, rexístrase a avaría doutra peza distinta na mesma condución.
Cando reanudan os traballos para substituír a segunda peza avariada, prodúcese unha forte tromba de auga que dificulta enormemente os labores de reparación.
Operarios de AQUALIA continuaron traballando ata as 2:30 h. da madrugada para deixar resolto o problema. Ás 8:00 h. da mañá de hoxe venres volveron revisar a zona e comprobaron que todo funcionaba correctamente.
A avaría produciuse na tubaxe xeral, de medio metro de diámetro, motivo polo que gran parte do casco urbano foi quedando paulatinamente sen auga ou con baixa presión. O servizo quedou totalmente restablecido dende as 2:30 h. da madrugada pero, debido á necesaria recuperación dos depósitos, algunhas vivendas, sobre todo os pisos altos, tardaron bastante tempo en recuperar o servizo ou a presión normal.
Dende a concellería de servizos municipais pídense desculpas polas molestias ocasionadas, debidas a causas imprevistas e de forza maior.











