Mostra dos alumnos de pintura na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

No Centro Cultural do Concello da Guarda está aberta ao público unha exposición composta dos traballos realizados polos alumnos do Curso de Pintura. A mostra, que estará aberta ata o día 7, conta co seguinte horario: de 10 a 13.00h polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes. O sábado poderase visitar de 10.00 a 13.00h.

Ademais conta cun espazo destinado aos traballos realizados durante o obradoiro de pintura ó aire libre, organizado a pasada fin de semana en A Guarda Doce.

4 de xuño de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.