Montoto organiza un photocall con motivo da Noite Branca de Lalín
Montoto participa este venres 20 de xuño na Noite Branca que organiza o Centro Comercial Aberto de Lalín. Aqueles que se acheguen á súa tenda da rúa Colón entre as 8 e as 24 horas poderán gozar de descontos especiais e petiscos.
Tras o éxito obtido o ano pasado, este ano organiza por segunda vez un photocall no que os asistentes poderán fotografarse coa súa peza favorita da colección primavera/verán 2013. As fotografías compartiranse na súa páxina de Facebook (www.facebook.com/Montoto) e o protagonista da que reciba máis “Me gustas” dos seguidores da páxina recibirá como premio a peza coa que pousou.
A firma galega iniciou a súa andaina en redes sociais o pasado ano e nesta edición quere tamén premiar aos seguidores da súa páxina de Facebook cunha pequena sorpresa.
Creacións en punto desde 1956
Nada como unha empresa familiar en Lalín en 1956, Montoto foi crecendo até converterse nunha das referencias no mundo da moda feita en Galicia. A calidade distingue cada unha das súas pezas, mentres o seu deseño foi modernizándose sen perder o espírito da firma. Comodidade, frescura e elegancia par unha muller moderna e versátil.











