Modificacións no programa do Art Fest Baixo Miño
O Art Fest Baixo Miño, que se celebrará o día 26 de Xullo na Guarda, sufriu un pequeno cambio. A organización acaba de anunciar que, moi á súa pesar, Sexy Sadie non poderá participar no festival por problemas persoais. Para compensar esta baixa, o Art Fest incorporará a Dorian, grupo de gran nivel e gran traxectoria profesional.
Dorian
DORIAN é unha das formacións máis importantes da nova escena de España. Desde 2003 publicaron catro discos e actuaron en practicamente todos os festivais do estado español e en numerosos festivais doutros países, como é o caso de SXSW en USA, Paredes de Coura en Portugal, Canadian Music Week en Canadá, Cidade Emerxente en Arxentina ou Vive Latino, Hellow fest en México e este ano ARTFEST’14 na Guarda. É unha banda que combina hábilmente a tradición do pop en español co rock e as novas producións e sons da música electrónica contemporánea. Actualmente atópase en pleno proceso de expansión por outros países do continente americano.











