Merenda de fin de curso dos maiores participantes nos obradoiros da memoria de Lousame

Merenda de clausura dos obradoiros
Setenta maiores dos Obradoiros da Memoria do Concello de Lousame celebraron unha merenda de fin de curso na Casa da Cultura de Lousame, na que estiveron acompañados pola alcaldesa Teresa Villaverde e a primeira tenente de alcaldesa, María Xosé Maroñas. Unha merenda que trouxeron os propios maiores da casa e na que non faltaron as empanadas, os biscoitos, as roscas, as galletas… así como viño da casa e refrescos.
Na Casa da Cultura xuntáronse os membros dos obradoiros da memoria de Lesende, Vilacoba, Camboño, Tállara, Fruíme, Cruído e Aldeagrande, que interpretaron tamén algunhas cantigas populares das que adoitan ensaiar nos obradoiros, aínda que tamén houbo quen se atreveu con algunha rancheira e algún que outro boleiro. O acto rematou coa entrega de diplomas conmemorativos a todos os participantes nos obradoiro da man de Teresa Villaverde e das monitoras dos cursos.











