publicidade hoxe

Mellora do tráfico na urbanización Caavamontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros comezou esta mañá a obra de reordenación do tráfico na rúa Somalia e parte da rúa Nelson Mandela, na urbanización Caavamontes. Esta nova actuación nas inmediacións do Mercado de Perillo completa unha executada anteriormente coa que se crearon unhas vinte prazas de estacionamento. O obxectivo destas dúas fases é mellorar o contorno deste espazo municipal.

Grazas a esta actuación preténdese levar a cabo a creación de dezanove novas prazas de estacionamento na zona, o que suma un total de 40. A obra inclúe novos cambios do sentido de circulación na rúa Somalia e nun tramo da rúa Nelson Mandela. O Goberno local xa informou por escrito aos residentes na zona.

20 de xuño de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.