Medio cento de veciños de Lousame disfrutan da actuación de Tik-Tak Teatro
Un total de 52 veciños e veciñas de Lousame asistiron na noite de onte domingo á representación da comedia “A muller que comezou a contar ata dez e xa non parou”, por parte da compañía Tik-Tak Teatro. Unha actuación organizada polo Concello de Lousame e pola Aula de Teatro da Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. A obra foi escrita e dirixida por Gustavo García Dieste.











